Contact Us

Use the form on the right to contact us.

You can edit the text in this area, and change where the contact form on the right submits to, by entering edit mode using the modes on the bottom right. 

         

123 Street Avenue, City Town, 99999

(123) 555-6789

email@address.com

 

You can set your address, phone number, email and site description in the settings tab.
Link to read me page with more information.

Eventos


Son os eólicos compatibles co medio e sostibilidade?
Jun
27
7:30 PM19:30

Son os eólicos compatibles co medio e sostibilidade?

No equipo do “si” estarán:

  • Xabier Monteagudo, Responsable de desenvolvemento de negocio en Galicia de Capital Energy

  • Carlos Rodríguez, director de proxectos en Emberiza, consultor ambiental

 

No equipo do “non” estarán

  • Serafín González Prieto, Presidente da Sociedade Galega de Historia atural

  • Rosa Regueiro, investigadora en economía ecolóxixa da Universidade de Santiago de Compostela.

View Event →
Débese legalizar o cannabis?
Apr
20
7:30 PM19:30

Débese legalizar o cannabis?

  • Facultade de Comunicación da Universidade de Santiago de Compostela (map)
  • Google Calendar ICS

Equipo en contra da legalización:

  • Fernando Rodríguez de Fonseca, Laboratorio de Neuropsicofarmacoloxía IBIMA

  • Manuel Isorna Folgar, Doctor en Psicología y profesor en la Universidade de Vigo

A favor da legalización:

  • José Carlos Bouso Saiz, Director Científico Fundación ICEERS

  • Patricia Amiguet Adell, Portavoz ConFAC/ Presidenta CatFAC/ Co-Fundadora REMA/RdRLab

View Event →
É a dieta vegana a mellor para o planeta?
Dec
2
7:30 PM19:30

É a dieta vegana a mellor para o planeta?

  • Facultade de Comunicación da Universidade de Santiago de Compostela (map)
  • Google Calendar ICS

Cal é a pegada medioambiental da nosa dieta? Pode ser o veganismo un elemento fundamental na nosa resposta ante a emerxencia climática? Cales serían as consecuencias dun mundo vegano?

Se estas preguntas rondan a túa cabeza, non perdas a primeira Regueifa da tempada 2022-2023 e sigue o debate dende a túa casa en regueifas.org/streaming ou vén a Santiago de Compostela.

Os equipos que defenden as diferentes posturas están formados por Gumersindo Feijoó e Juan Pascual e por Ujué Fresán e Laura Batlle.

View Event →
Jan
28
7:30 PM19:30

Está a industria química creando un mundo tóxico?

Está a industria química creando un mundo tóxico? Un tema tan actual como polémico, o uso de aditivos e substancias químicas é cuestionado por moitos/as activistas e científicos/as que advirten do seu perigo para as persoas e o medio ambiente, mentres as Axencias Reguladoras e outras voces científicas aseguran que a súa utilización é totalmente segura porque pasan uns controis moi severos, pero entón: Os limites de exposición das autoridades sanitarias son seguros? Son os plásticos e o glifosato a alternativa máis segura para os seus correspondentes usos? Estas e outras preguntas serán analizadas o xoves 28 de xaneiro ás 19:30 nesta nova regueifa.

Poderás seguilo na nosa canle de YouTube ou en regueifas.org/streaming:

No equipo do non:

No equipo do si:

View Event →
Mar
22
6:30 PM18:30

Son as redes sociais un avance para a nosa sociedade? — Final do concurso de debate escolar Regueifiñas'18

  • Facultade de Comunicación da Universidade de Santiago de Compostela (map)
  • Google Calendar ICS
Redes Sociais.jpg

A final do concurso de debate escolar Regueifiñas 18 terá lugar o venres 22 de marzo ás 18.30 h no salón de actos da Facultade de Ciencias da Comunicación da Universidade de Santiago de Compostela e a entrada será libre ata completar aforo.

Hai quen considera a aparición das redes sociais coma o invento do siglo. Un avance que cambiou o paradigma das relacións persoais, unha ferramenta de comunicación global impensable ata fai uns anos capaz de conectar e mobilizar á xente de todo o planeta para facer un mundo mellor. Pero, é ouro todo o que reluce? Existe a privacidade nas redes sociais? É etico o uso que fan as corporacións empresariais dos nosos datos? Nos axudan a estar máis informados, ou nos desinforman?

O equipo que defenderá que as redes sociais son un avance para a nosa sociedade está composto por:

  • María Manuela Gómez e Andrea Iglesias, alumnas de 1º de Bacharelato do IES Rosalía de Castro de Santiago .

Mentras que defendendo o contrario estarán

  • Beatriz Rodríguez e Antón del Río, alumnos de 3º de ESO do Compañía de María de Ferrol.

Mesa de trabajo 4PMCM_Logo.png
View Event →
ESTÁ XUSTIFICADA A MALA SONA DO EUCALIPTO?
Mar
11
9:30 PM21:30

ESTÁ XUSTIFICADA A MALA SONA DO EUCALIPTO?

  • Facultade de Comunicación da Universidade de Santiago de Compostela (map)
  • Google Calendar ICS
Regueifas_Eucalipto

A última Regueifa desta edición 2018/2019 terá lugar o luns 11 de marzo ás 20h no salón de actos da Facultade de Ciencias da Comunicación da Universidade de Santiago de Compostela.

Poucos debates polarizan tanto á sociedade galega nos últimos tempos como o que se xera arredor do eucalipto. Para uns, unha especie invasora que leva décadas ameazando os ecosistemas dos bosques galegos. Para outros, un dos motores económicos claves do país, xerador de emprego e riqueza. Unha cuestión que precisa de moitas lecturas diferentes (social, política, económica, científica…) e que non podíamos deixar de analizar nesta despedida das Regueifas de Ciencia 2018/2019.

Defendendo que a mala sona do eucalipto está xustificada estarán:

  • Serafín González Prieto, Presidente da Sociedade Galega de Historia Natural.

  • Adolfo Cordero Rivera, Profesor titular da Universidade de Vigo.

Defendendo o contrario contaremos con:

  • Francisco Díaz-Fierros Viqueira, Catedrático emérito.

  • Manuel Marey Pérez, Catedrático de proxectos de enxeñaría na Universidade de Santiago.

Regueifas_18_11_Marzo_Eucalipto
View Event →
Nov
29
8:00 PM20:00

Debe ser legalizada a eutanasia?

  • Facultade de Comunicación da Universidade de Santiago de Compostela (map)
  • Google Calendar ICS
debate_eutanasia_Regueifas.jpg

Un dos grandes debates pendentes. Cada ano cobra máis forza a voz dos que reclaman unha lexislación clara e libre de prexuízos que regule e permita a eutanasia. Con varios países da nosa contorna atendendo dita reivindicación, son, con todo, moitos os que rexeitan esta posibilidade desde moi diversos puntos de vista, tanto relixiosos, como legais ou éticos.

A favor da eutanasia:

En contra:

Regueifas18_Cartaz_29_NOVEMBRO_V1.png
View Event →
Oct
22
8:00 PM20:00

Teñen as diferenzas de xénero unha base biolóxica?

  • Facultade de Comunicación da Universidade de Santiago de Compostela (map)
  • Google Calendar ICS
gender_Regueifas.jpg

Na actualidade existe un gran debate sobre en que medida o xénero é unha construcción social ou é biolóxica.  Existe unha corrente que afirma que o xénero é unha construcción puramente social e cultural que se atopa de fronte cós que consideran que hai unha componente biolóxica.

 

A existencia de roles de xénero complica moito distinguir qué similitudes e qué diferenzas existen entre homes e mulleres de xeito natural.

A interpretación social de ser home ou muller ten outorgado a cada persoa a súa función no mundo antes de nacer, por isto, hoxe fáisenos difícil discernir que hay de biolóxico e que hai de cultural e aprendido no masculino e no feminino.  Dende a psicoloxía, moitos estudos se teñen centrado en investigar se esta distinción de roles se debe a diferentes aptitudes innatas ou polo contrario, se as desigualdades sociais son as que crearon estas diferenzas.

 

Partindo deste eixo, a pregunta que centra o debate é “Teñen as diferenzas de xénero unha base biolóxica?”

 

O equipo do si:

  • Rosalind Arden, Investigadora da London School of Economics

  • Ferran Suay, Profesor de Psicobioloxía na Universtat de València

 

O equipo do non:

  • Angela Saini, escritora e xornalista. Autora do libro “Inferior”

  • Pilar López Sancho, Profesora de Investigación do ICMM-CSIC e membro da Comisión Muller e Ciencia do CSIC

 

View Event →
Sep
27
8:00 PM20:00

É a enerxía nuclear unha opción válida e segura?

  • Facultade de Comunicación da USC (map)
  • Google Calendar ICS
Regueifas_nuclear_Santiago.jpg

As fontes de enerxía suscitan cada vez máis un apaixonado debate na nosa sociedade occidental, tan acuciantemente necesitada de grandes cantidades de enerxía que nos permitan manter, e mesmo aumentar, o empuxe das nosas industrias e os nosos sistemas de locomoción. A escaseza do petróleo e esa crecente dependencia enerxética, promoven periodicamente a cuestión de vías alternativas para asegurar a subministración enerxética. Para moitos, recorrer ás centrais nucleares é unha opción válida, segura e eficiente. Esta formulación, con todo, é inaceptable para grandes sectores da poboación que, especialmente tras cada incidente nuclear, alertan de falta de seguridade das instalacións e do problema da xestión dos residuos.

É a enerxía nuclear unha opción válida e segura?

A prol: Bernardo Adeva Andany e Juan José Gómez Cadenas

En contra: Marcel Coderch i Colell e Ángeles López Agüera

View Event →
Nov
7
8:00 PM20:00

Debería a ciencia axudarnos a vivir para sempre?

  • Facultade de Comunicación USC (map)
  • Google Calendar ICS
Regueifas_Ciencia_vivir_siempre_Santiago.jpg

Os continuos avances no coñecemento da biomedicina e a tecnoloxía fan que esteamos cada vez máis preto de alongar radicalmente a vida humana. Ante esta posibilidade existen diferentes enfoques e perspectivas. Hai unha corrente que afirma que falta pouco para que vivamos 1000 anos e que a orixe de todas as enfermidades está no envellecemento. Con todo, é fácil atoparse con científicos que consideran que é, como mínimo, pouco realista afirmar que viviremos tanto ou que alcanzaremos a inmortalidade. Tamén hai correntes de opinión que consideran que o envellecemento e a morte forman parte da nosa natureza; que aínda que é obvio que hai que tratar as enfermidades para mellorar a calidade de vida das persoas e evitar mortes prematuras, non é moralmente aceptable cambiar a nosa natureza tan radicalmente e achegarnos á inmortalidade. Por suposto, tamén hai quen expón os retos que suporía o aumento extremo da esperanza de vida a nivel social, demográfico e económico.

En definitiva, atopámonos ante un asunto con moitas caras, perspectivas e dilemas de todo tipo. Un tema perfecto para o desenvolvemento dun debate apaixonante, perfecto para unha Regueifa de Ciencia: Debería a ciencia axudarnos a vivir para sempre?

Non perdas a primeira Regueifa de Ciencia Internacional, con

Carlos Martíne Alonso e Aubrey De Grey

Vicente Bellver Capella e Richard Faragher

View Event →
Jun
1
8:00 PM20:00

Debemos priorizar a seguridade fronte á privacidade dixital?

  • Facultade de Ciencias da Comunicación (map)
  • Google Calendar ICS

A segunda Regueifa de 2017 leva pregúntanos se debemos priorizar a seguridade fronte á privacidade dixital.

Os avances nas tecnoloxías da información e comunicacións multipicaron de xeito exponencial a nosa capacidade de comunicación e de intercambio de información, modificando de xeito radical as dinámicas da sociedade, da nosa vida e da nosa intimidade. Xa non hai distancias nin barreiras, todo está ao noso alcance e xa non hai fronteiras.

Esta situación pantéxanos dous retos principais: a seguridade e a privacidade.

Como consecuencia da nosa actividade diaria, imos deixando un rastro dixital que pode poñer en risco a nosa privacidade. Protexela é esencia, pois diso depende a nosa liberdade.

Pola outra banda, ameazas coma o terrorismo nos impoñen unha serie de medias, como a vixilancia masiva, necesarias para a prevención deste ou outros ataques contra a nosa integridade, contra a nosa vida.

Ademais, este reto non só se nos plantexa dende a perspectiva das forzas de seguridade ou as axencias de intelixencia, tamén está o mercado. As empresas tecnolóxicas ou o sector publicitario teñen un papel tanto ou máis importante neste asunto que os propios gobernos (lembremos, por citar un caso recente, o caso do iPhone e o FBI).

Como xa nos dixo Bentham, saber que estamos sendo observados ou simplemente pensar que podemos estalo afecta ao noso comportamento e nos priva da nosa liberdade, porque o vixilante está na nosa cabeza.

En consecuencia, o debate está moi vivo: existen garantías de privacidade fronte ao estado ou as empresas? Os nosos datos persoais... son nosos? Se a nosa lexisación garantiza a nosa privacidade, estamos dando espazo aos criminais? Estamos sendo observados? 

Os relatores deste debate serán:

Marta Peirano, xornalista eldiario.es, fundadora de Cryptoparty Berlin e co-directora de COPYFIGHT

Paloma Llaneza, Avogada especialista en Dereito Tecnolóxico

Eduardo Casas, Corpo Nacional de Policía, Unidade de Investigación Tecnolóxica

Alberto Calero, Enxeñeiro Telecomunicación, A&J Calero e Maven7

View Event →
Mar
28
8:00 PM20:00

Promove a industria unha alimentación sa?

  • USC Facultade Ciencias da Comunicación (map)
  • Google Calendar ICS

 

A primeira Regueifa de Ciencia de 2017 xira en torno á pregunta de partida "Promove a industria unha alimentación sa?"


Os produtos alimenticios comparten un trazo cos farmacéuticos: a súa inxesta ten un efecto directo sobre a nosa saúde, aínda que no caso dos primeiros adoita manifestarse máis a longo prazo. Con todo, ao contrario que os farmacéuticos, non contan necesariamente cun profesional intermedio (como pode ser o médico ou farmacéutico) que velan pola súa adecuada administración. Sen este profesional, a información que recibe o consumidor acerca dos produtos alimenticios é con frecuencia a emitida polos propios produtores. Esta información, que adoita adquirir forma de publicidade, tende a destacar as propiedades favorables dos produtos, obviando (e en ocasións, negando) as nocivas. A caracterización das devanditas propiedades adoita ser froito de estudos de investigación realizados polos propios axentes da industria alimentaria; por este motivo, cando aparecen informacións contraditorias, xérase unha sensación de desconfianza no consumidor, que mesmo chega a sentirse estafado. Queda así nunha posición na que lle resulta difícil tomar decisións informadas acerca da súa alimentación e, por tanto, da súa saúde. Nesta Regueifa queremos analizar o papel da industria alimentaria á hora de deseñar unha dieta sa. Son fiables os resultados das investigacións patrocinadas pola industria alimentaria? Deben os alimentos anunciar alegacións de propiedades saudables nas etiquetas? É suficiente o control que hai sobre a publicidade da industria alimentaria? Deben as industrias alimentarias patrocinar ás sociedades médicas?

Para ter unha visión completa do tema, participan do debate dous equipos, un deles formado por Rosaura Léis Trabazo, Pediatra, Profesora da USC, Coordinadora da Unidade de Nutrición Pediátrica do CHUS e José Manuel López Nicolás, Profesor de Bioquímica da Universidad de Murcia, Director da Unidad de Divulgación Científica da UM, autor do blog Scientia e do libro "Vamos a comprar mentiras".

Do outro lado, forman equipo Enrico Frabetti, Director de Política Alimentaria, Nutrición e Saúde da Federación Española de Industrias de la Alimentación y Bebidas (FIAB) e Rafael Urrialde de Andres, Director de Salud y Nutrición en Coca-Cola Iberia.

View Event →
Nov
10
8:00 PM20:00

Son compatibles ciencia e fe?

O cuarto e derradeiro debate de Regueifas de Ciencia en 2016 terá lugar o xoves 10 de novembro en Santiago de Compostela.

Como son os debates de Regueifas de Ciencia? A organización dos debates manterá unha postura imparcial e propón un formato moi coñecido: o debate tipo Oxford. Catro relatores, dous que defienden unha postura e outros dous que defienden a contraria: dous equipos, un moderador, un punto de partida e tempos controlados.

Neste caso, los relatores serán:

  • No bando do SI: Fernando Sánchez Dragó con Emili Marlés Romeu
  • No bando do NON: Antonio Martínez Ron y Juan Ignacio Pérez Iñako.
View Event →
Sep
21
8:00 PM20:00

ESTÁ XUSTIFICADO O USO DE ANIMAIS EN EXPERIMENTACIÓN CIENTÍFICA? VOLVE REGUEIFAS DE CIENCIA

  • Facultade de Comunicación USC (map)
  • Google Calendar ICS

O terceiro debate de Regueifas de Ciencia terá lugar o mércores 21 de setembro en Santiago de Compostela.

Como son os debates de Regueifas de Ciencia? A organización dos debates manterá unha postura imparcial e propón un formato moi coñecido: os debates "tipo Oxford". Catro relatores, dous defenderán a postura a favor e outros dous defenderán a contraria:  dous equipos, un moderador, un punto de partida e tempos controlados. 

Neste caso, os relatores serán: 

  • O equipo a favor da experimentación animal está formado por Fernando Savater (filósofo) e Emma Sánchez (EARA, Asociación Europea para a Investiagación con Animais). O equipo en contra está formado por Óscar Horta (filósofo, profesor na Universidade de Santiago de Compostela) e Eze Paez (avogado, Centre for Animal Ethics da Universidade Pompeu Fabra).
View Event →
Jun
10
8:00 PM20:00

Débese cambiar o fuso horario en España?

O segundo debate de Regueifas de Ciencia terá lugar o venres 10 de xuño en Santiago de Compostela.

Como son os debates de Regueifas de Ciencia? A organización dos debates manterá unha postura imparcial e propón un formato moi coñecido: os debates "tipo Oxford". Catro relatores, dous defenderán a postura a favor e outros dous defenderán a contraria:  dous equipos, un moderador, un punto de partida e tempos controlados. 

Neste caso, os relatores serán: Francisco Jorquera (Portavoz do Grupo Parlamentario do BNG no Parlamento de Galicia) e José María Fernández-Crehuet (Coordinador Internacional de ARHOE e Profesor Doctor Internacional de Economía e Empresa na UDMA) no bando do si. E no bando do non: Jorge Mira (Catedrático Dpto de Fïsica Aplicada da Universidade de Santiago de Compostela e Divulgador Científico) e José María Martín Olalla (Profesor de Física da Universidade de Sevilla).

 

 

View Event →
Apr
8
8:00 PM20:00

Son os transxénicos unha opción válida e segura?

Debate-regueifas-transxenicos

O primeiro debate de Regueifas de Ciencia terá lugar o venres 8 de abril en Santiago de Compostela.

Como son os debates de Regueifas de Ciencia? A organización dos debates manterá unha postura imparcial e propón un formato moi coñecido: os debates "tipo Oxford". Catro relatores, dous defenderán a postura a favor e outros dous defenderán a contraria:  dous equipos, un moderador, un punto de partida e tempos controlados. 

Neste caso, os relatores serán: Blanca Ruibal (Amigos da Terra), José Luis Yela (Universidade de Castilla La Mancha), JM Mulet (Universidade Politécnica de Valencia) e Francisco García Olmedo (Universidade Politécnica de Madrid)


View Event →