Sobre Regueifas
Que é regueifas
Regueifas de Ciencia é unha iniciativa da Universidade de Santiago de Compostela e está financiada pola Fundación Española para a Ciencia e a Tecnoloxía (FECYT), pertencente ao Ministerio de Ciencia e Innovación.
A exposición e confrontación de ideas é consustancial ao coñecemento científico. A actividade do debate busca expor e dar a coñecer as posturas, fundamentos e argumentos das distintas posicións ao redor dun tema. Ademais, cumpre unha función de aprendizaxe e enriquecemento na audiencia que participa do mesmo, permitindo con iso formar opinións fundamentadas na sociedade, chegando mesmo a conseguir cambiar posturas de partida ou a profundar e enriquecer a postura propia.
A rapidez e sobreexposición á información na que vivimos carece moitas veces da análise e escrutinio capaz de formar unha opinión fundamentada libre de prexuízos ou visións partidistas.
Por iso pensamos que propor debates ao redor de temas de enorme actualidade e transcendencia para a sociedade, con relatores de formación e capacidade excepcionais son unha resposta adecuada que desde o ámbito universitario débese ofrecer á sociedade. Os debates que propomos serán intelixentes, actuais, provocativos e audaces; pero tamén ordenados, disciplinados, e informativos.
Por que "regueifas"?
Unha regueifa é unha disputa dialéctica improvisada e en verso entre dúas persoas sobre un tema determinado.
Aínda que en realidade... unha regueifa é un molete de pan adornado con ovo, azucre ou caramelo, coma un roscón, que se preparaba para as vodas. Cando se daba unha disputa deste tipo, o gañador levaba como premio a regueifa, que polo xeral compartía co resto dos invitados.
Como chegar
Ata o de agora, os debates celebrabanse no Auditorio da Facultade de Comunicación da Universidade de Santiago de Compostela, que está aquí. Nesta edición os debates serán exclusivamente online, pero imos mantener aquí esta información por se hai algún cambio, por se fora útil e tamén por nostalxia. ¡Volveremos!
É posible chegar en transporte público collendo o bus número 15 ou o 5. Se queres comprobar a túa ruta, podes premer aquí.
Se utilizas coche, no campus hai prazas de aparcamento dabondo e moi preto temos o aparcamento do Auditorio de Galicia, de entrada libre e con 200 prazas (Mira na imaxe as zonas marcadas de vermello).
Podes seguir as novas do proxecto e axenda de eventos tamén a través dos medios sociais
Podes escribirnos a info@regueifas.org ou encher este formulario