O primeiro debate de Regueifas de Ciencia terá lugar o venres 8 de abril en Santiago de Compostela.
Como son os debates de Regueifas de Ciencia? A organización dos debates manterá unha postura imparcial e propón un formato moi coñecido: os debates "tipo Oxford". Catro relatores, dous defenderán a postura a favor e outros dous defenderán a contraria: dous equipos, un moderador, un punto de partida e tempos controlados.
Neste caso, os relatores serán: Blanca Ruibal (Amigos da Terra), José Luis Yela (Universidade de Castilla La Mancha), JM Mulet (Universidade Politécnica de Valencia) e Francisco García Olmedo (Universidade Politécnica de Madrid)