Na actualidade existe un gran debate sobre en que medida o xénero é unha construcción social ou é biolóxica. Existe unha corrente que afirma que o xénero é unha construcción puramente social e cultural que se atopa de fronte cós que consideran que hai unha componente biolóxica.
A existencia de roles de xénero complica moito distinguir qué similitudes e qué diferenzas existen entre homes e mulleres de xeito natural.
A interpretación social de ser home ou muller ten outorgado a cada persoa a súa función no mundo antes de nacer, por isto, hoxe fáisenos difícil discernir que hay de biolóxico e que hai de cultural e aprendido no masculino e no feminino. Dende a psicoloxía, moitos estudos se teñen centrado en investigar se esta distinción de roles se debe a diferentes aptitudes innatas ou polo contrario, se as desigualdades sociais son as que crearon estas diferenzas.
Partindo deste eixo, a pregunta que centra o debate é “Teñen as diferenzas de xénero unha base biolóxica?”
O equipo do si:
Rosalind Arden, Investigadora da London School of Economics
Ferran Suay, Profesor de Psicobioloxía na Universtat de València
O equipo do non:
Angela Saini, escritora e xornalista. Autora do libro “Inferior”
Pilar López Sancho, Profesora de Investigación do ICMM-CSIC e membro da Comisión Muller e Ciencia do CSIC