As fontes de enerxía suscitan cada vez máis un apaixonado debate na nosa sociedade occidental, tan acuciantemente necesitada de grandes cantidades de enerxía que nos permitan manter, e mesmo aumentar, o empuxe das nosas industrias e os nosos sistemas de locomoción. A escaseza do petróleo e esa crecente dependencia enerxética, promoven periodicamente a cuestión de vías alternativas para asegurar a subministración enerxética. Para moitos, recorrer ás centrais nucleares é unha opción válida, segura e eficiente. Esta formulación, con todo, é inaceptable para grandes sectores da poboación que, especialmente tras cada incidente nuclear, alertan de falta de seguridade das instalacións e do problema da xestión dos residuos.
É a enerxía nuclear unha opción válida e segura?
A prol: Bernardo Adeva Andany e Juan José Gómez Cadenas
En contra: Marcel Coderch i Colell e Ángeles López Agüera