A segunda Regueifa de 2017 leva pregúntanos se debemos priorizar a seguridade fronte á privacidade dixital.
Os avances nas tecnoloxías da información e comunicacións multipicaron de xeito exponencial a nosa capacidade de comunicación e de intercambio de información, modificando de xeito radical as dinámicas da sociedade, da nosa vida e da nosa intimidade. Xa non hai distancias nin barreiras, todo está ao noso alcance e xa non hai fronteiras.
Esta situación pantéxanos dous retos principais: a seguridade e a privacidade.
Como consecuencia da nosa actividade diaria, imos deixando un rastro dixital que pode poñer en risco a nosa privacidade. Protexela é esencia, pois diso depende a nosa liberdade.
Pola outra banda, ameazas coma o terrorismo nos impoñen unha serie de medias, como a vixilancia masiva, necesarias para a prevención deste ou outros ataques contra a nosa integridade, contra a nosa vida.
Ademais, este reto non só se nos plantexa dende a perspectiva das forzas de seguridade ou as axencias de intelixencia, tamén está o mercado. As empresas tecnolóxicas ou o sector publicitario teñen un papel tanto ou máis importante neste asunto que os propios gobernos (lembremos, por citar un caso recente, o caso do iPhone e o FBI).
Como xa nos dixo Bentham, saber que estamos sendo observados ou simplemente pensar que podemos estalo afecta ao noso comportamento e nos priva da nosa liberdade, porque o vixilante está na nosa cabeza.
En consecuencia, o debate está moi vivo: existen garantías de privacidade fronte ao estado ou as empresas? Os nosos datos persoais... son nosos? Se a nosa lexisación garantiza a nosa privacidade, estamos dando espazo aos criminais? Estamos sendo observados?
Os relatores deste debate serán:
Marta Peirano, xornalista eldiario.es, fundadora de Cryptoparty Berlin e co-directora de COPYFIGHT
Paloma Llaneza, Avogada especialista en Dereito Tecnolóxico
Eduardo Casas, Corpo Nacional de Policía, Unidade de Investigación Tecnolóxica
Alberto Calero, Enxeñeiro Telecomunicación, A&J Calero e Maven7