Contact Us

Use the form on the right to contact us.

You can edit the text in this area, and change where the contact form on the right submits to, by entering edit mode using the modes on the bottom right. 

         

123 Street Avenue, City Town, 99999

(123) 555-6789

email@address.com

 

You can set your address, phone number, email and site description in the settings tab.
Link to read me page with more information.

Xornal_novas_Regueifas_18.png

Blog

Filtering by Tag: experimentación animal

- Fernando Savater -

Leonor Parcero

Fernando Savater naceu en San Sebastián Guipúzcoa (1947). Primeiros estudos nos marianistas de la cuesta de Aldapeta. Aos trece anos a súa familia instalouse en Madrid, onde terminou o bacharelato no Colexio do Pilar. Fixo a carreira de Filosofía e Letras, especialidade de Filosofía, na Universidade Complutense de Madrid, onde se doctorou despois de varios rifirrafes académicos cunha tese sobre E.M. Cioran. En xaneiro do 69, durante o estado de excepción imposto pola ditadura, pasou un mes no cárcere de Carabanchel. Foi profesor axudante de historia da filosofía na Universidade Autónoma de Madrid, posto do que foi cesado por razóns políticas. Máis tarde foi profesor adxunto de Ética e Sociología na UNED e desde 1980 ocupou a praza de ética na Universidade do País Vasco, no campus de Zorroaga en San Sebastián. En 1984 obtivo a cátedra de ética na UPV. Desde comezos dos anos 90 foi catedrático de filosofía na Complutense de Madrid, onde se xubilou en 2008.


Escribiu máis de cincuenta obras, entre ensaios filosóficos, políticos e literarios, narracións e teatro. En 1982 gañou o Premio Nacional de Literatura, modalidade de ensaio, con "La tarea del héroe". As súas obras máis coñecidas pertencen á divulgación filosófica para mozos: "Ética para Amador", "Política para Amador", "Las preguntas da vida"... Todas elas foron traducidas a máis de vinte linguas. Recentemente publicou  "La vida eterna", ensaio sobre a crenza relixiosa hoxe en día. Quedou finalista do premio Planeta en 2002 con "El jardín de las dudas" e gañouno en 2008 coa súa novela "La hermandad de la buena suerte". Tamén conseguiu o premio Primavera 2012 con "Los invitados de la princesa". Recentemente publicou "El Traspie", unha peza teatral sobre Arthur Schopenhauer. Colaborador habitual do xornal El País e outras publicacións, dirixe actualmente a revista "Claves de razón práctiva", que fundou o seu falecido amigo Javier Pradera.  Algúns dos seus artigos obtiveron importantes galardóns, como o premio Ortega e Gasset, o César González Ruano, o Xullo Camba, o Mariano de Cavia e o Cuco Cerecedo, outorgado pola Asociación de Xornalistas Europeos. Recentemente (2012) outorgóuselle en Mexico o premio Octavio Paz, concedido pola Asociación de Amigos de Octavio Paz.


Está en posesión de varios doutoramentos honoris causa outorgados por universidades de España, Europa e América (Universidade de Alcalá, Universidade Autónoma de Madrid, Universidade Simón Bolívar de Venezuela, Universidade Autónoma de México, Universidade de Jalapa, Universidade de San Luís de Potosí, Universidade de Panamá, Universidade Paris-VIII, entre outras) así como diversas condecoracións españolas e estranxeiras, entre elas a Cruz de Isabel a Católica, a Orde do Mérito Constitucional de España, a Gran Cruz da Aguia Azteca e é Chevalier deas Arts et Lettres polo Goberno de Francia. Formou parte de varios movementos cívicos de loita contra a violencia terrorista no País Vasco, entre eles Basta ya, que obtivo o ano 2000 o Premio Sajarov á defensa dos Dereitos Humanos do Parlamento Europeo

 

- Emma Martínez Sánchez -

Leonor Parcero

Emma Martínez-Sanchez graduouse cun Master en Bioquímica na Universidade Complutense de Madrid e en 2012 como Doutora en Bioloxía Celular na Universidade de Utrecht (Holanda). Tras un período de investigación postdoctoral na Universidade de Cambridge, Emma pasou a apoiar a investigación desde o seu posto como Encargada de Comunicación e Política Científica na Asociación Europea para a Investigación Animal (EARA).
EARA é unha asociación sen ánimo de lucro que defende o papel dos modelos animais en investigación biomédica en Europa. EARA proporciona apoio e oportunidades a centros de investigación europeos para coordinar os seus esforzos e actividades en defensa dun clima sustentable para a investigación en biomedicina. A través das súas diversas actividades, EARA persegue informar, educar e promover un debate transparente achega do uso de animais de experimentación. 

 

- Eze Paez -

Leonor Parcero

Eze Paez é doutor en filosofía moral pola Universitat Pompeu Fabra de Barcelona, onde tamén obtivo a súa licenciatura e master en dereito.

Actualmente é Investigador FCT para o Grupo de Teoria Política do Centro de Estudos Humanísticos da Universidade do Minho (CEHUM) e membro do comité científico do UPF Centre for Animal Ethics. Con anterioridade foi profesor de teoría do dereito e filosofía moral e política na Universitat Pompeu Fabra. Tamén foi investigador visitante no Uehiro Centre for Practical Ethics da Universidade de Oxford.

Os seus intereses céntranse na ética normativa e aplicada. Escribiu previamente sobre os aspectos ontolóxicos e normativos do aborto e sobre cuestións relacionadas co mal da morte (‘Emergency Contraceptives and the Beginning of Human Animals’, en Bioethics). Así mesmo, traballa acerca das obrigacións para cos animais non humanos, en especial o deber de intervir na natureza para axudar a quen alí vive. Xunto con Catia Faria, é coautor dos dous números especiais da revista internacional Relations dedicados ao problema do sufrimento e a morte na natureza. Actualmente está interesado en diferentes problemas teóricos e aplicados de ética poboacional, en particular en como a consideración dos intereses dos outros non humanos pode afectar as decisións acerca de que seres deben existir.

Ademais da súa actividade académica, é activista en defensa dos outros animais, sendo membro da organización Ética Animal, dende onde como voceiro impartiu diversas conferencias en países de Europa e América Latina.

- Óscar Horta -

Leonor Parcero

Oscar Horta é profesor na Facultade de Filosofía da Universidade de Santiago de Compostela. Ten sido investigador visitante nas universidades de Gotemburgo, Copenhague, Lisboa, La Sapienza de Roma, Abo Akademi en Finlandia, Porto e Rutgers en Estados Unidos. Foi tamén investigador na Fundación Española para a Ciencia e a Tecnoloxía. Recibiu o Premio de Ensaio Ferrater Mora 2007. Pódese ler aquí o seu curriculum completo.

A maior parte do seu traballo ten sido en ética normativa e aplicada, especialmente na cuestión da consideración moral dos animais, sobre o que ten numerosas publicacións. O seu cv está disponíbel aquí.

Así mesmo, ten estado implicado activamente na defensa dos animais desde inicios dos anos 90, e é membro fundador da Fundación Ética Animal. Leva o blog Ética más allá de la especie.

Un texto que explica a súa posición acerca da consideración moral dos animais é este: Tomándonos en serio la consideración moral de los animales: más allá del especismo y el ecologismo.

Outro texto centrado na desatención dada aos animais na investigación e a bioética é o seguinte: La desconsideración de los animales no humanos en la bioética.

Esta canle de YouTube ten algúns vídeos con conferencias e intervencións sobre a ética e os animais.