- Eze Paez -
Leonor Parcero
Eze Paez é doutor en filosofía moral pola Universitat Pompeu Fabra de Barcelona, onde tamén obtivo a súa licenciatura e master en dereito.
Actualmente é Investigador FCT para o Grupo de Teoria Política do Centro de Estudos Humanísticos da Universidade do Minho (CEHUM) e membro do comité científico do UPF Centre for Animal Ethics. Con anterioridade foi profesor de teoría do dereito e filosofía moral e política na Universitat Pompeu Fabra. Tamén foi investigador visitante no Uehiro Centre for Practical Ethics da Universidade de Oxford.
Os seus intereses céntranse na ética normativa e aplicada. Escribiu previamente sobre os aspectos ontolóxicos e normativos do aborto e sobre cuestións relacionadas co mal da morte (‘Emergency Contraceptives and the Beginning of Human Animals’, en Bioethics). Así mesmo, traballa acerca das obrigacións para cos animais non humanos, en especial o deber de intervir na natureza para axudar a quen alí vive. Xunto con Catia Faria, é coautor dos dous números especiais da revista internacional Relations dedicados ao problema do sufrimento e a morte na natureza. Actualmente está interesado en diferentes problemas teóricos e aplicados de ética poboacional, en particular en como a consideración dos intereses dos outros non humanos pode afectar as decisións acerca de que seres deben existir.
Ademais da súa actividade académica, é activista en defensa dos outros animais, sendo membro da organización Ética Animal, dende onde como voceiro impartiu diversas conferencias en países de Europa e América Latina.