Contact Us

Use the form on the right to contact us.

You can edit the text in this area, and change where the contact form on the right submits to, by entering edit mode using the modes on the bottom right. 

         

123 Street Avenue, City Town, 99999

(123) 555-6789

email@address.com

 

You can set your address, phone number, email and site description in the settings tab.
Link to read me page with more information.

Xornal_novas_Regueifas_18.png

Blog

Regueifas de Ciencia pecha a súa quinta tempada cun debate sobre eólicos

Leonor Parcero

  • Celebrarase o vindeiro martes 27 de xuño en A Nave de Vidán (Santiago de Compostela) ás 19.30h e contará con intérpretes de lingua de signos.

  • É o derradeiro debate da quinta tempada e centrarase en responder á pregunta “Son os eólicos compatibles co ambiente e a sostibilidade?”, un tema que foi escollido polos seguidores de Regueifas a través dunha consulta votación en redes sociais.

  • Regueifas de Ciencia é unha iniciativa da Universidade de Santiago de Compostela (USC) e conta coa colaboración de FECYT, a Fundación Española para a Ciencia e a Tecnoloxía – Ministerio de Ciencia e Innovación.

 

Santiago, 25 de xuño de 2023.- Galiza é un dos principais produtores de enerxía procedentes de fontes limpas e renovables do Estado, pero os aeroxeneradores, que noutros contextos son símbolos de conciencia ecolóxica, son tema de disputa social e política no país. A veciñanza e organizacións ecoloxistas presionan ás administracións e mobilizan á sociedade fronte ao que consideran unha invasión e unha ameaza para o seu patrimonio natural, arqueolóxico e para a existencia mesma de núcleos de poboacion rural. Mais a eólica é unha das alternativas máis ecolóxicas e baratas de produción de electricidade nunha situación de alza de prezos, cambio climático e de necesidade de baixada de emisións. 

 

Os eólicos son fonte de polémica social e enfrontamento e que fosen escollidos como tema de debate pola audiencia de Regueifas de Ciencia non foi unha sorpresa para o equipo organizador: “Este é o tipo de temas que traemos a Regueifas, asuntos que interesan e sobre os que precisamos máis información, escoitar aos expertos e ver un debate pausado e baseado na evidencia científica existente”. Neste contexto, catro expertas e expertas debaterán dende dúas posicións enfrontadas para responder á pregunta “Son os eólicos compatibles co ambiente e a sostibilidade?”.

 

No equipo do “si” estarán:

  • Xabier Monteagudo, Responsable de desenvolvemento de negocio en Galicia de Capital Energy

  • Carlos Rodríguez, director de proxectos en Emberiza, consultor ambiental

 

No equipo do “non” estarán

  • Serafín González Prieto, Presidente da Sociedade Galega de Historia atural

  • Rosa Regueiro, investigadora en economía ecolóxixa da Universidade de Santiago de Compostela.

 

Os debates poden ser seguidos en directo, por streaming ou velos gravados

Os debates de Regueifas de Ciencia poden ser seguidos en directo dende a sala (entrada libre e haberá intérprete de lingua de signos), por streaming en www.regueifas.org/streaming ou poden ser vistos despois na web ou a través da canle de YouTube. “Tratamos de facilitar que calquera persoa interesada poida ver os debates. Incluso poden preguntar aos relatores dende a casa e ser respondidos”, comentan dende o equipo organizador. Contarase con servizo de interpretación de Linguaxe de Signos.

 

Ao longo das edicións anteriores tratáronse temas como a experimentación animal, a modificación xenética, industria alimentaria, enerxía nuclear, sobre o eucalipto, preguntámonos se debería a ciencia axudarnos a vivir para sempre, sobre a industria química... e tamén sobre o clásico dilema da compatibilidade da ciencia e a fe. Para tratar estes temas, visitaron a sala de debate expertos dos diferentes campos, entre outros moitos JM Mulet, Antonio Martínez Ron, Paloma Llaneza, Julio Basulto, Marta Peirano, Anna Veiga, Fernando Savater, Lluís Montoliú, Óscar Horta, Jorge Mira... e tamén caras moi coñecidas, como os polémicos Fernando Sánchez Dragó e Aubrey De Grey.

 

Xa temos equipos gañadores e data de Regueifiñas. Será o 15 de xuño

Leonor Parcero

O pasado 17 de maio, o xurado de Regueifiñas comunicaba a resolución do III certame aos equipos participantes:

“O xurado da III Edición de Regueifiñas (2023) decidiu que os equipos gañadores do concurso e, polo tanto, equipos que se enfrontarán no debate final en Santiago de Compostela sexan:

  • O equipo formado por Clara S. e André R. do IES Plurilingüe A Paralaia de Moaña. (Docente Sofía Calo)

  • O equipo formado por  Sara I. e Lúa D. do IES Allariz (Docente Nuria López)

O xurado quere destacar a calidade de todas as candidaturas recibidas, que suben o nivel de cada edición e fan cada vez máis dificil escoller a só dous equipos gañadores.

Ademais, quere agradecer a todos e todas as docentes implicados na participación neste concurso e felicitalos tanto pola calidade das candidaturas e o grande interese e relevancia dos temas escollidos, como por motivar ao seu alumnado a ir máis aló e traballar o seu pensamento crítico. 

Agardamos que as nosas propostas vos sexan de interese no futuro.

En Santiago de Compostela, a 16 de maio de 2023.

O debate final terá lugar en Santiago de Compostela o xoves 15 de xuño e o título é “Soluciona o coche eléctrico os problemas ambientais da mobilidade? “. Tralo sorteo, os bandos resultantes son:

  • Do lado do “si”: Clara S. e André R. do IES Plurilingüe A Paralaia de Moaña

  • Do lado do “non”: Sara I. e Lúa D. do IES Allariz

Moita sorte!

- Patricia Amiguet Adell -

Leonor Parcero

Activista cannábica, anti-prohibicionista e feminista. Graduada S. en Xestión e Finanzas e estudante do Grao en Antropoloxía Social e Cultural na UNED. Fundadora da Asociación Cannábica Pachamama, Portavoz da ConFAC (Confederación de Federacións Cannábicas), Presidenta da CatFAC (Federación de Asociacións Cannábicas de Cataluña), Cofundadora de REMA (Rede Estatal de Mulleres Anti prohibicionistas en materia das drogas) e do proxecto integrante Mulleres Cannábicas, Co-Fundadora da Asociación RdRLab e integrante do Grupo Motor de Non Somos Delito, plataforma que traballa pola derrogación do conxunto das leis Mordaza do Estado.

- José Carlos Bouso -

Leonor Parcero

José Carlos Bouso é licenciado en Psicoloxía e doutor en Farmacoloxía. Desenvolveu a súa actividade científica na Universidade Autónoma de Madrid, no Instituto de Investigación Biomédica IIB-Sant Pau de Barcelona e no Instituto Hospital do Mar de Investigacións Médicas de Barcelona (IMIM). Durante este tempo, desenvolveu estudos sobre os efectos terapéuticos da MDMA («éxtase») e estudos psicofarmacológicos sobre os efectos agudos e neuropsiquiátricos a longo prazo de moitas sustancias, tanto de orixe sintética como vexetal. Actualmente é director científico da Fundación ICEERS (International Center for Ethnobotanical Education, Research & Services), onde coordina os estudos sobre os beneficios potenciais das plantas psicoactivas, principalmente o cannabis, a ayahuasca e a ibogaína, co obxectivo de mellorar a saúde pública. É coautor de numerosos artigos científicos e capítulos de libros. Publicou dous libros sobre cannabis medicinal. Así mesmo, é membro do MARC (Medical Anthropology Research Center) da Universitat Rovira i Virgili de Tarragona, profesor convidado no programa de saúde mental da Facultade de Medicina da Universidade de São Paulo en Riberão Preto, Brasil, e vicepresidente da Sociedade de Endocannabinología Clínica (SEC).

- Manuel Isorna Folgar -

Leonor Parcero

Foto: DUVI

Manuel Isorna Folgar é doutor en Psicoloxía e profesor da Universidade de Vigo na facultade de ciencias da educación e traballo social.

Cursou un máster sobre drogodependencias (1998) e outro sobre o Trastorno por déficit de atención con hiperactividade (TDAH) (2018), ademais dun curso de especialización en psicoloxía deportiva pola UNED (2000).

Desenvolveu o seu labor profesional como responsable de prevención de drogodependencias do Concello de Catoira durante 26 anos, polo cal que recibiu en 2012 o Premio Reina Sofía e en 2013 o premio da FEMP polas "Boas prácticas en Drogodependencias". Membro de ISSUP España.

Autor de numerosos libros, capítulos de libros e artigos científicos vinculados ao ámbito da educación, os adolescentes e o consumo de drogas. Destacando varios libros e artigos sobre o consumo de cannabis.

Exerce como presidente do comité organizador do Congreso Internacional sobre cannabis e os seus derivados: saúde, educación e lei. Director de varios cursos de extensión universitaria, destacando entre eles, varios relacionados cos estilos de vida dos adolescentes.

- Fernando Rodríguez de Fonseca -

Leonor Parcero

Madrileño de 58 anos, Médico e Dr. En Bioquímica e Bioloxía Molecular. Catedrático en excedencia no Departamento de Psicobiología da Universidade Complutense de Madrid, onde traballou durante 30 anos. Dirixiu 24 teses doutorais. Publicou 382 estudos cientificos rexistrados en PubMed (Indicadores bibliométricos, índice H=65), destacando traballos moi relevantes publicados nas revistas Science, Nature, PNAS or J. of Neuroscience, todos no ámbito da neuropsicofarmacología de lípidos bioactivos, e especialmente nas adiccións. Dirixiu 80 proxectos de investigación comunitarios, nacionais e internacionais. 8 proxectos de co-desenvolvemento coa industria. É socio fundador de tres empresas de biotecnoloxía e rexistrou 24 patentes de novas entidades químicas ou novas indicacións. É fundador e coordinador da Rede de Trastornos Adictivos do ISCIII, a rede que agrupa aos principais investigadores en adiccións en España. Membro do Comité Científico do Observatorio Europeo das Drogodependencias desde 2008. Premio Esteve de biomedicina e Cruz Branca ao Mérito do Plan Nacional Sobre Drogas.