Xa temos equipos gañadores e data de Regueifiñas. Será o 15 de xuño
Leonor Parcero
O pasado 17 de maio, o xurado de Regueifiñas comunicaba a resolución do III certame aos equipos participantes:
“O xurado da III Edición de Regueifiñas (2023) decidiu que os equipos gañadores do concurso e, polo tanto, equipos que se enfrontarán no debate final en Santiago de Compostela sexan:
O equipo formado por Clara S. e André R. do IES Plurilingüe A Paralaia de Moaña. (Docente Sofía Calo)
O equipo formado por Sara I. e Lúa D. do IES Allariz (Docente Nuria López)
O xurado quere destacar a calidade de todas as candidaturas recibidas, que suben o nivel de cada edición e fan cada vez máis dificil escoller a só dous equipos gañadores.
Ademais, quere agradecer a todos e todas as docentes implicados na participación neste concurso e felicitalos tanto pola calidade das candidaturas e o grande interese e relevancia dos temas escollidos, como por motivar ao seu alumnado a ir máis aló e traballar o seu pensamento crítico.
Agardamos que as nosas propostas vos sexan de interese no futuro.
En Santiago de Compostela, a 16 de maio de 2023.
O debate final terá lugar en Santiago de Compostela o xoves 15 de xuño e o título é “Soluciona o coche eléctrico os problemas ambientais da mobilidade? “. Tralo sorteo, os bandos resultantes son:
Do lado do “si”: Clara S. e André R. do IES Plurilingüe A Paralaia de Moaña
Do lado do “non”: Sara I. e Lúa D. do IES Allariz
Moita sorte!