Regueifas de Ciencia utiliza cookies para que tengas una mejor experiencia de usuario. Si continúas navegando estás dando tu consentimiento para su utilización y aceptando nuestra política de cookies.

Contact Us

Use the form on the right to contact us.

You can edit the text in this area, and change where the contact form on the right submits to, by entering edit mode using the modes on the bottom right. 

         

123 Street Avenue, City Town, 99999

(123) 555-6789

email@address.com

 

You can set your address, phone number, email and site description in the settings tab.
Link to read me page with more information.

Regueifas de Ciencia pecha a súa quinta tempada cun debate sobre eólicos

Blog

Regueifas de Ciencia pecha a súa quinta tempada cun debate sobre eólicos

Leonor Parcero

  • Celebrarase o vindeiro martes 27 de xuño en A Nave de Vidán (Santiago de Compostela) ás 19.30h e contará con intérpretes de lingua de signos.

  • É o derradeiro debate da quinta tempada e centrarase en responder á pregunta “Son os eólicos compatibles co ambiente e a sostibilidade?”, un tema que foi escollido polos seguidores de Regueifas a través dunha consulta votación en redes sociais.

  • Regueifas de Ciencia é unha iniciativa da Universidade de Santiago de Compostela (USC) e conta coa colaboración de FECYT, a Fundación Española para a Ciencia e a Tecnoloxía – Ministerio de Ciencia e Innovación.

 

Santiago, 25 de xuño de 2023.- Galiza é un dos principais produtores de enerxía procedentes de fontes limpas e renovables do Estado, pero os aeroxeneradores, que noutros contextos son símbolos de conciencia ecolóxica, son tema de disputa social e política no país. A veciñanza e organizacións ecoloxistas presionan ás administracións e mobilizan á sociedade fronte ao que consideran unha invasión e unha ameaza para o seu patrimonio natural, arqueolóxico e para a existencia mesma de núcleos de poboacion rural. Mais a eólica é unha das alternativas máis ecolóxicas e baratas de produción de electricidade nunha situación de alza de prezos, cambio climático e de necesidade de baixada de emisións. 

 

Os eólicos son fonte de polémica social e enfrontamento e que fosen escollidos como tema de debate pola audiencia de Regueifas de Ciencia non foi unha sorpresa para o equipo organizador: “Este é o tipo de temas que traemos a Regueifas, asuntos que interesan e sobre os que precisamos máis información, escoitar aos expertos e ver un debate pausado e baseado na evidencia científica existente”. Neste contexto, catro expertas e expertas debaterán dende dúas posicións enfrontadas para responder á pregunta “Son os eólicos compatibles co ambiente e a sostibilidade?”.

 

No equipo do “si” estarán:

  • Xabier Monteagudo, Responsable de desenvolvemento de negocio en Galicia de Capital Energy

  • Carlos Rodríguez, director de proxectos en Emberiza, consultor ambiental

 

No equipo do “non” estarán

  • Serafín González Prieto, Presidente da Sociedade Galega de Historia atural

  • Rosa Regueiro, investigadora en economía ecolóxixa da Universidade de Santiago de Compostela.

 

Os debates poden ser seguidos en directo, por streaming ou velos gravados

Os debates de Regueifas de Ciencia poden ser seguidos en directo dende a sala (entrada libre e haberá intérprete de lingua de signos), por streaming en www.regueifas.org/streaming ou poden ser vistos despois na web ou a través da canle de YouTube. “Tratamos de facilitar que calquera persoa interesada poida ver os debates. Incluso poden preguntar aos relatores dende a casa e ser respondidos”, comentan dende o equipo organizador. Contarase con servizo de interpretación de Linguaxe de Signos.

 

Ao longo das edicións anteriores tratáronse temas como a experimentación animal, a modificación xenética, industria alimentaria, enerxía nuclear, sobre o eucalipto, preguntámonos se debería a ciencia axudarnos a vivir para sempre, sobre a industria química... e tamén sobre o clásico dilema da compatibilidade da ciencia e a fe. Para tratar estes temas, visitaron a sala de debate expertos dos diferentes campos, entre outros moitos JM Mulet, Antonio Martínez Ron, Paloma Llaneza, Julio Basulto, Marta Peirano, Anna Veiga, Fernando Savater, Lluís Montoliú, Óscar Horta, Jorge Mira... e tamén caras moi coñecidas, como os polémicos Fernando Sánchez Dragó e Aubrey De Grey.