Contact Us

Use the form on the right to contact us.

You can edit the text in this area, and change where the contact form on the right submits to, by entering edit mode using the modes on the bottom right. 

         

123 Street Avenue, City Town, 99999

(123) 555-6789

email@address.com

 

You can set your address, phone number, email and site description in the settings tab.
Link to read me page with more information.

Xornal_novas_Regueifas_18.png

Blog

'Regueifas de Ciencia', debates intelixentes sobre temas apaixoantes

Leonor Parcero

Este venres, ‘Son os transxénicos unha opción válida e segura?’

Imaxe: Xornal USC

Imaxe: Xornal USC

Unha regueifa é unha disputa dialéctica improvisada e en verso entre dúas persoas sobre un tema determinado. Tirando deste termo, a USC co financiamento da FECYT comeza este venres 8 cunha nova actividade de divulgación científica, de entrada libre, na que catro reputados especialistas debaterán acerca dun tema de especial transcendencia e certa polémica. 

A exposición e confrontación de ideas é consubstancial ao coñecemento científico e por iso os debates, ademais de dar a coñecer os argumentos das distintas posicións ao redor dun tema, cumpren unha función de aprendizaxe e enriquecemento na audiencia que participa del, “chegando mesmo a conseguir cambiar posturas de partida”, explica a catedrática de Xenética e directora do proxecto, Laura Sánchez Piñón. De feito, para comprobar a efectividade desta clase de confrontacións dialécticas, á entrada na sala preguntaráselle ao público –a través dun sistema de voto electrónico– cal é a súa postura inicial sobre o tema a tratar, que será confrontada xusto ao remate do debate.

Sánchez Piñón presentou este mércores os detalles do proxecto xunto co investigador do IDIS, Manuel Collado Rodríguez, e o doutor en Ciencias Químicas e director do programa ‘Efervescencia’ da Radio Galega, Manuel Vicente García. A xenetista lembrou que a USC está sempre á cabeza das institucións que conseguen proxectos da convocatoria Fecyt, “polo que podemos falar dunha universidade con clara vocación divulgadora”, dixo.

Formato ‘Oxford’
A organización dos debates manterá unha postura imparcial e propón un formato moi coñecido como é o ‘Oxford’. Isto é, un moderador, dous bandos e tempos controlados; todo cunha gran formalidade. Equipos con posturas enfrontadas formados por dúas persoas relevantes no seu eido. 

A ‘regueifa’ entre catro poderá seguirse tamén a través de streaming, unha emisión que se gravará e publicará na web do proxecto facendo posible así que os docentes utilicen este debate como ferramenta nas aulas.

Transxénicos
A primeira ‘Regueifa da ciencia’ terá lugar este venres 8 ás 20.00 horas en Ciencias da Comunicación (Universidade de Santiago de Compostela) coa cuestión ‘Son os transxénicos unha opción válida e segura?’. Defendendo unha postura favorable participarán o profesor de biotecnoloxía da Politécnica de Valencia e director do Máster de Biotecnoloxía Molecular e Celular de Plantas, J.M. Mulet, e o catedrático da Politécnica de Madrid e autor das primeiras patentes sobre plantas transxénicas realizadas en España e vendidas no mercado internacional, Francisco García Olmedo.

Do outro lado, sostendo argumentos en contra, estarán a responsable de Agricultura e Alimentación de Amigos da Terra, Blanca Ruibal, e o entomólogo e profesor de Zooloxía e Bioloxía da Conservación na Facultade de Ciencias Ambientais e Bioquímica da Complutense, José Luis Yela.

O proxecto contempla tres debates máis, previstos para os meses de xuño, setembro e novembro, sobre cuestións tan transcendentais e polémicas sobre a conveniencia das vacinas ou a necesidade de experimentar con animais.

Case tódolos membros do equipo organizador de Regueifas tras a presentación á prensa.

Case tódolos membros do equipo organizador de Regueifas tras a presentación á prensa.

Boa acollida ao anuncio de Regueifas de ciencia

Leonor Parcero

 

Dende que o pasado luns fora anunciado o comezo da iniciativa Regueifas de Ciencia en medios sociais, o proxecto ten recibido a atención de diversos medios de comunicación (nun par de días, o mércores 6 terá lugar a rolda de prensa presentación) e ao mesmo tempo está sendo moi ben recibida nas canles nas que  está presente: Facebook e Twitter, onde o debate xa comezou entre persoas dunha e outra postura.

É precisamente ese debate, informado, intelixente e axustado ás boas maneiras entre as partes, o que se busca principalmente dende Regueifas, así que agardamos que siga así.

Compartimos este anaco do programa Efervesciencia, da Radio Galega, no que se da un pequeno adianto do debate: aparecen os relatores presentándose e tamén a organizadora, Laura Sánchez.

- J.M. Mulet -

Leonor Parcero

JM Mulet

JM Mulet

J.M. Mulet é Profesor titular de biotecnoloxía (área de bioquímica e bioloxía molecular) na Universidade Politécnica de Valencia, Director do Máster de Biotecnoloxía Molecular e Celular de Plantas (CSIC-UPV) e investigador no Instituto de Bioloxía Molecular e Celular de Plantas (IBMCP) un instituto mixto que depende do CSIC e da UPV. Divulgador de temas relacionados coa biotecnoloxía e a alimentación. Autor de "Comer sin Miedo" e "Medicina sin Engaños" (Destino) e de "Os produtos naturais vaia timo!" (Laetoli).

 

Queres saber máis sobre a postura de Mulet?

Aquí debaixo tes unha ligazón para escoitar este debate sobre transxénicos na radio, na que casualmente coincide con Blanca Ruibal.

JM Mulet en Carne Cruda 

Aquí tes diversos vídeos nos que Mulet fala de diversos temas e de transxénicos.



- Francisco García Olmedo -

Leonor Parcero

Francisco García Olmedo

Francisco García Olmedo

Francisco García Olmedo é Doutor Enxeñeiro Agrónomo e Licenciado en Química. Catedrático da Universidade Politécnica de Madrid (1970-2008). Investigou sobre enxeñaría xenética das plantas na ETS de Enxeñeiros Agrónomos da Universidade Politécnica de Madrid. Foi autor das primeiras patentes sobre plantas transxénicas realizadas en España e vendidas no mercado internacional. Bolseiro post-doutoral e profesor visitante na Universidade de Minnesota. Membro da Real Academia de Enxeñaría e da Academia Europea. "Premio da Real Academia de Ciencias", "Premio ás Ciencias da CEOE" e "Premio Columela da Fundación do COIAA". Autor dos libros "A Terceira Revolución Verde" (Debate, 1998), traducido ao italiano; "Entre o Pracer e a Necesidade" (Crítica, 2001); "O enxeño e a fame" (Crítica 2009), os poemarios "Natura segundo Altroío" (Huerga & Fierro, 2002) e "Mar Conxelado. Glosas e Tergiversos" (Huerga & Fierro, 2005) e novela "Notas a Fritz" (Táboa Rasa, 2004).

Se queres coñecer mellor a Francisco García Olmedo, podes escoitalo aquí falando da mellora xenética das prantas e transxénicos


 

- Jose Luis Yela -

Leonor Parcero

Jose Luis Yela

Jose Luis Yela

 

José Luis Yela é entomólogo e profesor titular de Zooloxía e Bioloxía da Conservación na Facultade de Ciencias Ambientais e Bioquímica, onde ademais xestiona as coleccións de animais do Instituto de Ciencias Ambientais da UCLM e coordina o grupo de investigación DITEG. Comezou a interesartse polos insectos sendo cativo, pero o que comezou como mero interés estético acabou convertíndose en vocación científica poucos anos máis tarde. Obtivo a licenciatura e o doutoramento en Bioloxía (Zooloxía) na Universidade Complutense de Madrid. Estivo vinculado ao Museo Nacional de Ciencias Naturais, CSIC (Madrid), ao NERC Center for Population Biology, Imperial College en Silwood Park (Ascot, Reino Unido), á Estación Biolóxica de Doñana, CSIC (Sevilla) e ao Centro de Investigación e Tecnoloxía do INIA (Madrid). As súas liñas de investigación incluen taxonomía, filoxenia, conservación e técnicas de censo dos insectos, principalmente lepidópteros noctuidos, a ecoloxíae a evolución das interaccións insecto-pranta e o control biolóxico e integrado de insectos praga. Ten participado nunha treintena de proxectos de investigación, entre os que se inclúen EASY (Avaliación dos efectos das medidas ambientais da PAC sobre a biodiversidade) e Noctuidae Eropaeae (taxnomía e faunística de noctuidos en Europa. Na actualidade é o investigador principal dos proxectos BANDENCO e BIOWEB (Plataforma dixital en rede e bases de datos entomolóxicas con fins conservacionistas). Dirixiu tamén o proxecto que estudou as relacións ecolóxicas entre artrópodos e 11 especies de prantas endémicas e ameazadas no Parque Nacional Caldera de Taburiente (La Palma, Islas Canarias), e formou parte do equipo que desenvolveu os criterios ecolóxicos para a aplicación da chamada "condicionalidade" da PAC. É autor ou coautor de 9 libros ou capítulos de libro e máis de 60 publicacións científicas, incluindo o Libro Rojo e o Atlas de Invertebrados Amenazados de España, tres volumes da serie Noctuidae Europaeae e un artigo de revisión por invitación. Tamén ten colaborado con numerosas iniciativoas relacionadas coa consultoría ambiental e participa activamente en varios grupos ambientalistas e de defensa ecolóxica. Forma parte do comité científico de varias revistas entomolóxicas e da editorial Heterocera Press Ltd., e é membro do Comité Científico para o Catálogo Español de Especies Amenazadas, dependente do Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente, como responsable dos artrópodos. 

- Blanca Ruibal-

Leonor Parcero

Blanca Ruibal

Blanca Ruibal

Blanca Ruibal é enxeñeira agrónoma de formación e traballou durante varios anos en proxectos de extensión agraria en comunidades rurais de Centroamérica. Dende 2009, como responsable da área de agricultura e alimentación, coordina as campañas de Amigos de la Tierra en defensa da Soberanía Alimentaria.

Para coñecer mellor a súa posición (en contra do uso dos transxénicos na agricultura), neste debate na radio, que casualmente tamén contou coa participación de JM Mulet.