Nacido en Cambados (Pontevedra) en 1967. Desde o ano 2008 é Catedrático de Enxeñaría Química na Universidade de Santiago de Compostela (USC) tras o concurso de habilitación celebrado na Universidade Complutense de Madrid.
Experiencia Docente
Impartiu diferentes materias da área de Enxeñaría Química en diversas titulacións de Grao e Máster. Experiencia Investigadora Participación en 20 proxectos de investigación europeos, 2 accións integradas con Alemaña e Israel, 15 proxectos de I+D do MINECO, 9 proxectos de I+D financiados pola Xunta de Galicia e 34 contratos de investigación con diversas empresas. Toda esta actividade deu lugar a:
i. Sexenios: 5
ii. a supervisión de 24 tese de doutoramento
iii. a edición de 4 libros
iv. a publicación de sete patentes e unha marca rexistrada (en explotación)
v. 42 capítulos de libros vin. 310 artigos en revistas indexadas no SCI ?Scientific Citation Index?, das cales 217 son Q1, 137 D1 e 29 TOP3.
vii. Índice h: 63 (Scopus)
viii. 41 artigos en revistas non indexadas en JCR
ix. 11 artigos de divulgación (The Conversations España, >100.000 lecturas)
x. 301 presentacións en congresos, con 6 conferencias convidadas e 110 comunicacións orais.
xi. Premio Novos Investigadores da Real Academia Galega de Ciencias no ano 1995
xii. Mención Especial ao Premio á Transferencia de Tecnoloxía en Galicia da Real Academia Galega de Ciencias (2018)
xiii. Premio “Nai Terra” da Federación Española da Recuperación e a Reciclaxe (2019) Realizou diversas estancias de investigación pre- e postdoctorales na Universidade de Concepción (Chile); MIGAL-Galilee Technological Center (Israel); University of Arizona (EE.UU.); Wageningen Agricultural University (Países Baixos).
Experiencia en Xestión Universitaria
Participou activamente na Xestión Universitaria, entre outros cargos: Coordinador de titulacións de Grao e Máster, Director do Departamento de Enxeñaría Química e Vicerreitor na USC.