Contact Us

Use the form on the right to contact us.

You can edit the text in this area, and change where the contact form on the right submits to, by entering edit mode using the modes on the bottom right. 

         

123 Street Avenue, City Town, 99999

(123) 555-6789

email@address.com

 

You can set your address, phone number, email and site description in the settings tab.
Link to read me page with more information.

Blog

- Jorge Mira -

Leonor Parcero

Jorge Mira, que estará como relator no debate sobre o cambio horario no bando en contra. Foto: X.M. Casal, La Voz de Galicia

Jorge Mira, que estará como relator no debate sobre o cambio horario no bando en contra. Foto: X.M. Casal, La Voz de Galicia

Catedrático Dpto Física Aplicada da Universidade de Santiago de Compostela.

É licenciado e doutor europeo en física. Catedrático de electromagnetismo do departamento de física aplicada da Universidade de Santiago de Compostela (USC).

Ten máis de 100 traballos científicos publicados en revistas de rango internacional (índice h= 22) en diferentes áreas, que van desde as propiedades eléctricas e magnéticas de materiais e a nanotecnoloxía, até a imaxe médica ou a modelización matemática de sistemas sociais.

Como investigador recibiu, entre outros, os seguintes galardóns:

  • Finalista do Premio 'Investigador Novel', da Real Sociedade Española de Física (1999)
  • Premio de Investigación en Ciencia e Tecnoloxía da Deputación de Pontevedra (2001).
  • Premio da Real Academia Galega de Ciencias (2002).
  • Premio do Colexio Oficial de Físicos de España (2010)
  • XXXIV Premio da crítica Galicia - modalidade de investigación (2011)
  • Mención de Honra - Premio de investigación da Real Academia Galega de Ciencias (2011)
  • Director do departamento de física aplicada da USC (2006-2014).

Colaborador externo da Secretaría Xeral de Política Científica e Tecnolóxica - Ministerio de Educación e Ciencia - Goberno de España, para a posta en marcha do Laboratorio Internacional Ibérico de Nanotecnoloxía (2006-2007). 

Membro do consello editorial da Revista Española de Física (2012-). 

Director da colección de divulgación científica da editorial da USC (2012-).

Colaborador desde finais dos anos 90 en varios medios de comunicación: en programas de TVE-Galicia, da Radio Galega, de Onda Rexional Murcia e da Televisión de Galicia. Colaborador do diario La Voz de Galicia, onde ademais é columnista científico.

Creador en 2005 do Programa Conciencia, unha acción de divulgación científica articulada ao redor da visita a Galicia de Premios Nobel (ou o seu equivalente en matemática e ciencias da computación), que dirixe desde entón. No marco deste programa puxo en marcha en 2008 o Premio Fonseca de comunicación da ciencia, de carácter internacional.

Responsable do primeiro nodo español da rede internacional Nerd Nite - nerdnite.com (sesións de microcharlas científicas de aspectos rechamantes en locais de lecer nocturno) (2012-).

Autor dos libros A ciencia no punto de mira (2010) e A que altura está o ceo? (2016)

Comisario da exposición Un mar de xenios no fin da Terra (a máis vista en Galicia en 2013), imparte numerosas conferencias e accións formativas ao ano e realiza outras actividades, por exemplo, a ruta de observación astronómica Ruta das estrelas na Costa da Morte desde o ano 2003.

Polo seu labor divulgativo ten recibido, entre outros, os seguintes premios:

  • Premio 'Física en Acción', da Real Sociedade Española de Física (2000)
  • Mención de Honra do Premio 'Ciutat de lles arts i de lles ciencies de Valencia' (2001)
  • Premio Nacional 'Ciencia en Acción', do Ministerio de Educación e Ciencia e o EIROForum (2005)
  • Medalla de Honra "Ciencia en Acción" (2010)
  • Premio "José María Savirón" de divulgación científica (2011)
  • Premio da Real Sociedade Española de Física - modalidade de ensino e divulgación da física (2012)

Se queres coñecer mellor a postura de Jorge Mira antes do debate, podes ler algúns dos seus artigos sobre o tema:

El huso político

El engaño de la noche

No a las tardes oscuras