Contact Us

Use the form on the right to contact us.

You can edit the text in this area, and change where the contact form on the right submits to, by entering edit mode using the modes on the bottom right. 

         

123 Street Avenue, City Town, 99999

(123) 555-6789

email@address.com

 

You can set your address, phone number, email and site description in the settings tab.
Link to read me page with more information.

Xornal_novas_Regueifas_18.png

Blog

Filtering by Tag: seguridade-privacidade

- Alberto Calero -

Leonor Parcero

É membro do consello de diversas compañías tecnolóxicas, Presidente de A&JCalero Engineering e partner de Maven7, compañía punteira na ciencia das redes. Colaborou con Laszlo Barabasi desde 2002 en proxectos de ciencia de redes e foi parte activa dos desenvolvementos desta ciencia nos últimos 10 anos.

Alberto Calero foi ata 2011 membro do comité de Dirección de France Telecom España (Orange) e Director da oficina do CEO onde tivo a responsabilidade de traballar a nivel do grupo na anticipación en áreas estratéxicas de crecemento do mercado (Saúde, Enerxía, internet das cousas).

Alberto Calero foi tamén Director da Unidade de Novos Servizos onde tivo a responsabilidade do desenvolvemento dos servizos móbiles de datos, innovación e contidos.

Antes de incorporarse a Amena, traballou en compañías como o Grupo Prisa como Director Xeneral de Innovación e Tecnoloxía dependendo directamente do CEO e formando parte do comité de Dirección do Grupo. Tamén foi director de Mercadotecnia de Kodak en España e Portugal así como director de Mercadotecnia de Hewlett-Packard en España, Italia e Portugal. En HP tamén foi o director da rede de innovación da compañía e novos servizos de Internet, e en Telefónica onde traballou na división de Enxeñaría de sistemas.

- Eduardo Casas -

Leonor Parcero

Eduardo Casas Herrer, nacido en Zaragoza, é técnico superior en informática e membro do Corpo Nacional de Policía. Desde 2004 traballa na Unidade de Investigación Tecnolóxica. Está especializado na loita contra a explotación sexual de menores, pola que foi condecorado en varias ocasións. É membro permanente do Grupo de Expertos en Identificación de Vítimas de Interpol, que se encarga da localización de nenos explotados sexualmente en Internet e dos seus agresores.

É profesor honorario da Universidade Autónoma de Madrid, onde imparte leccións de posgrao para o Instituto de Ciencias Forenses e da Seguridade, e da Universidade Complutense de Madrid, para a que dá clase no terceiro curso de Criminoloxía. Dá charlas e conferencias en diversas entidades, desde colexios a deputacións provinciais.

É autor do libro de divulgación sobre delitos en Internet La red oscura (A Esfera dos Libros, 2017) e, ademais, dúas novelas, Cristal traslúcido e El juez de Sueca. Gañou máis de vinte concursos de narrativa curta.

Foi convidado de forma ocasional a medios de comunicación como divulgador, entre os que destaca en 2017 a Cadena Ser e Radio Nacional de España. En prensa escrita apareceu, entre outros, en El Mundo, El Diario, ou o Heraldo de Aragón, El Imparcial ou Las Provincias. Tamén protagonizou un episodio de "Crónicas", para TVE e de "Unidades do CNP" para Crime&Investigación.

Mantén unha activa presenza nas redes sociais, en Twitter baixo o nome de usuario @AguilaKen.

- Marta Peirano -

Leonor Parcero

Marta Peirano é unha escritora e xornalista e dirixe dende 2013 a sección cultural do xornal dixital eldiario.es, onde tamén é adxunta ao director. Fundou CryptoParty Berlín, unha iniciativa arredor de cuestións sobre provacidade e seguridade en internet. Foi fundadora de Elástico, un colectivo multidisciplinar co que codirixiu o proxecto COPYFIGHT en 2005 sobre cultura libre.

Escribe sobre cultura libre, autómatas, seguridade e privacidade, dereitos en internet e criptografía para xornalistas.

 

- Paloma Llaneza -

Leonor Parcero

Desde 1993 é socia directora do bufete especializado en dereito tecnolóxico Razona LegalTech e letrada colaboradora nos Servizos Xurídicos do Ilustre Colexio de Avogados de Madrid, así como árbitro da Corte de Arbitraxe para temas tecnolóxicos desde 2000. Así mesmo, desde decembro de 2013, é Presidenta da Sección de Dereito TIC.
É fundadora e presidenta de AEDEL, a asociación de desenvolvemento das evidencias electrónicas líder en España, que participa en diversos programas do Sétimo Programa Cadro. Ademais, no 2002 fundou ISACA-Capítulo de Madrid e foi secretaria da devandita asociación durante o segundo mandato.
É editora da norma sobre correo electrónico certificado (Parte 1 e 4), das normas sobre "Long Term Preservation" e aquelas sobre Trust Service Providers (tanto de requisitos como de conformidade) dentro do Mandato da Comisión Europea de racionalización dos estándares de firma electrónica.
Desde 2010 é membro do Comité Científico da Revista Telos (Revista sobre comunicación, tecnoloxía e sociedade da Fundación Telefónica). Coordinou o caderno da Revista Telos 85 "Os dereitos fundamentais en Internet".
En 2015 foi coordinadora do grupo I (Legal e Privacidade) no Centro de Estudos de Mobilidade e árbitro da Corte de Arbitraxe da Cámara de Comercio de Madrid.
Desde 2004 en AENOR é coordinadora do SC27 de Normas de xestión de seguridade (familias 27000) e editora da Norma Internacional de Métricas ISO/IEC 27004.