Contact Us

Use the form on the right to contact us.

You can edit the text in this area, and change where the contact form on the right submits to, by entering edit mode using the modes on the bottom right. 

         

123 Street Avenue, City Town, 99999

(123) 555-6789

email@address.com

 

You can set your address, phone number, email and site description in the settings tab.
Link to read me page with more information.

Xornal_novas_Regueifas_18.png

Blog

Filtering by Tag: diferenzas de xénero

- Pilar López Sancho -

Leonor Parcero

PilarLopezSancho_Regueifas_de_Ciencia.jpeg

Pilar López Sancho é Profesora de Investigación do Consello Superior de Investigacións Científicas, traballa no Departamento de Teoría e Simulación de Materiais do Instituto de Ciencia de Materiais de Madrid. Desde 2008 preside, por delegación da Presidencia do CSIC, a Comisión de Mulleres e Ciencia do CSIC. É vocal na Comisión Delegada de Igualdade desde 2011 e representou  ao CSIC no Working Group on Gender and Diversity de Science Europe desde 2014 a 2017. Foi cofundadora e, entre 2010 e 2013, Presidenta de AMIT. Cofundadora do Grupo Especializado de Mulleres en Física da RSEF que presidiu de 2002 a 2018.

Doutora en Ciencias Físicas, traballa en teoría da materia condensada estudando propiedades de sistemas fortemente correlacionados, materiais bidimensionales como o grafeno, e illantes topológicos.

- Angela Saini -

Leonor Parcero

Angela_Saini_Regueifas_Ciencia_Santiago.jpg

Angela Saini é unha galardoada xornalista científica e presentadora. Presenta regularmente programas científicos na BBC Radio, e os seus escritos apareceron en New Scientist, The Guardian, The Times e Wired. O seu último libro, Inferior: How Science Got Women Wrong, foi publicado por Fourth Estate en 2017 con gran éxito de crítica. Foi nomeado como Libro Mundial de Física do Ano. Angela ten un Masters in Engineering da Universidade de Oxford e foi membro do Instituto Tecnolóxico de Massachusetts. O seu xornalismo recibiu eloxios tanto da Asociación Americana para o Avance da Ciencia como da Asociación de Escritores Científicos Británicos.

Síguea en Twitter @AngelaDSaini ou descobre máis en www.angelasaini.co.uk

- Rosalind Arden -

Leonor Parcero

Rosalind_Arden_Regueifas_Ciencia_Santiago.png

É investigadora da London School of Economics. Despois dunha primeira licenciatura en Historia da arte, Deseño e Cinema, traballou como Investigadora e logo como produtora de documentais científicos para televisión. O seu interese pola ciencia levoune a un facer un doutoramento en Xenética do Comportamento, no que explora como e por que as persoas varían en intelixencia e que se desprende desa variación. Dirixiu un estudo que mostraba o impacto da xenética nos debuxos dos nenos pequenos e o primeiro artigo que mostraba que o pequeno vínculo entre ser máis brillante e vivir máis tempo está motivado substancialmente polos xenes. Logo preguntouse se o que sabemos sobre a intelixencia aplica en particular ás persoas ou aos mamíferos en xeral. Realizou un estudo para explorar a intelixencia nos cans e actualmente está a buscar formas nas que podamos aprender máis sobre os vínculos entre a saúde e a cognición nos cans. Isto pode axudarnos a entender mellor as enfermidades que afectan tanto aos cans como ás persoas, especialmente a demencia.

Síguea en Twitter @Rosalind_Arden_

- Ferran Suay -

Leonor Parcero

Ferran_Suay_Regueifas_Santiago.jpg

É doutor en Psicoloxía e é Profesor do Departamento de Biopsicoloxía da Universitat de València. O seu campo de especialización é hormonas e comportamento.

A súas principais liñas de investigación son os aspectos hormonais do estrés social, incluída a competición. Actualmente, céntrase en como a testosterona e os estróxenos poden afectar á competencia intrasexual en homes e mulleres.

É membro da Human Behavior and Evolution Society.

Sígueo en Twitter @FerranSuay

Información complementaria sobre a posición do relator: