Contact Us

Use the form on the right to contact us.

You can edit the text in this area, and change where the contact form on the right submits to, by entering edit mode using the modes on the bottom right. 

         

123 Street Avenue, City Town, 99999

(123) 555-6789

email@address.com

 

You can set your address, phone number, email and site description in the settings tab.
Link to read me page with more information.

Blog

Regueifas de Ciencia volve coa súa terceira edición

Leonor Parcero

  • Regueifas de Ciencia, a serie de debates en formato Oxford arredor de temas científicos controvertidos, volve celebrarse por terceiro ano consecutivo.

  • A actividade está promovida pola Universidade de Santiago de Compostela e financiada pola FECYT (Fundación Española para la Ciencia y la Tecnología), pertencente ao Ministerio de Ciencia, Innovación e Universidades.

  • Este ano presenta como novidade o certame Regueifiñas, que busca promover esta forma de coñecemento e debate tamén nas aulas de secundaria, bacharelato e formación profesional.

  • A primeira Regueifa de 2018 tratará sobre: “A enerxía nuclear, é unha opción válida e segura?” Celebrarase o xoves 27 de setembro ás 20h na Facultade de Comunicación da USC

Regueifas18_Cartaz_27_Setembro_FB_V4.png


Temos ao noso alcance máis información que nunca antes, pasamos o día recibindo todo tipo de estímulos, datos e noticias en moi diferentes formatos e aínda así non chegamos a comprender ben moitos dos temas que van aparecendo diante de nós. Con esta actividade de debate preténdese expor e dar a coñecer os argumentos das diferentes posturas ao redor dun mesmo tema, traballando así a prol do coñecemento e tamén por unha toma de decisións, tanto individuais como colectivas, máis informada. 

Nos últimos tempos rexurdiron con forza na sociedade debates que xa foran tratados en edicións anteriores de Regueifas de Ciencia: o uso das técnicas CRISPR, os transxénicos ou, máis recentemente, a posibilidade do cambio horario para España, que se debaterá na Unión Europea. 

Dende a organización de Regueifas de Ciencia agardan “que revisar os vídeos dos debates e o material publicado nas nosas canles axuden á poboación a estar máis e mellor informada e a que poidamos escoller a nosa postura e a nosa opinión baseándonos nos datos científicos dispoñibles”. 

Os debates, en directo, streaming ou gravados

Os debates de Regueifas de Ciencia, que se celebran no Auditorio da Facultade de Comunicación da Universidade de Santiago de Compostela, poden ser seguidos en directo dende a sala (entrada gratuíta), por streaming ou poden ser vistos despois a través da canle de YouTube. “Tratamos de facilitar que calquera persoa interesada poida ver os debates. Incluso poden participar dende a casa formulando preguntas aos relatores e ser respondidos”, comentan dende o equipo organizador.

Ao longo das dúas edicións anteriores tratáronse temas como a experimentación animal, a modificación xenética, industria alimentaria, seguridade e privacidade dixital, preguntámonos se debería a ciencia axudarnos a vivir para sempre... Tamén sobre o clásico dilema da compatibilidade da ciencia e a fe. Para tratar estes temas, visitaron a sala de debate expertos dos diferentes campos, entre outros moitos JM Mulet, Antonio Martínez Ron, Paloma Llaneza, Julio Basulto, Marta Peirano,  Anna Veiga, Fernando Savater, Lluís Montoliú, Óscar Horta, Jorge Mira... e tamén caras moi coñecidas, como os polémicos Fernando Sánchez Dragó e Aubrey De Grey.

Novidades da terceira edición

Nesta edición de 2018, ademais de manter o formato e de volver a organizar un dos debates con convidados internacionais, Regueifas de Ciencia amplíase coa convocatoria de Regueifiñas, un certame de debate dirixido a centros de ensino secundario, bacharelato e ciclos medios de formación profesional. 

A organización de Regueifas de Ciencia, formada por profesores, investigadores e profesionais da comunicación científica, agarda neste 2018 continuar co labor de formación e divulgación e aumentar os datos de público das citas anteriores. Nas anteriores edicións   o aforo da sala ( 400 localidades) viuse completado, nas súas 400 en varias ocasións.  A este público que participa de modo presencial hai que sumarlle  todas aquelas persoas que puideron gozar do debate sen necesidade de acudir á sala grazas ao streaming  ou ás gravacións publicadas posteriormente.

Primeira Regueifa de 2018 

A primeira cita celebrarase o xoves 27 de setembro e, como xa anticipamos, versará sobre a enerxía nuclear. Logo de escoitar as súas introducións, preguntaremos aos convidados, catro grandes expertos na materia, se a enerxía nuclear é unha opción válida e segura. 

O equipo de expertos favorable á enerxía nuclear contará coa presencia de:

  • Juan José Gómez Cadenas, Físico de neutrinos, profesor no IKERBASQUE. Escritor e divulgador

  • Bernardo Adeva Andany, Catedrático de física atómica e nuclear na USC (Universidade de Santiago de Compostela)

Defendendo a posición contraria intervirán:

  • Ángeles Lopez Agüera, Profesora de Física da USC (Universidade de Santiago de Compostela). Especialista en desenvolvemento sostible.

  • Marcel Coderch, Enxeñeiro Telecomunicación. Experto Enerxía, sostibilidade e crecemento económico


Esta actividade é unha iniciativa da Universidade de Santiago de Compostela e está financiada pola FECYT, a Fundación Española para la Ciencia y la Tecnología, pertencente ao Ministerio de Ciencia, Innovación e Universidades e conta nesta edición coa colaboración de Leonor Parcero &Co.