Regueifas de Ciencia utiliza cookies para que tengas una mejor experiencia de usuario. Si continúas navegando estás dando tu consentimiento para su utilización y aceptando nuestra política de cookies.

Contact Us

Use the form on the right to contact us.

You can edit the text in this area, and change where the contact form on the right submits to, by entering edit mode using the modes on the bottom right. 

         

123 Street Avenue, City Town, 99999

(123) 555-6789

email@address.com

 

You can set your address, phone number, email and site description in the settings tab.
Link to read me page with more information.

Blog

Teñen as diferenzas de xénero unha base biolóxica? Segundo debate de Regueifas de Ciencia 2018

Leonor Parcero

A segunda Regueifa de 2018 tratará sobre a as diferenzas de xénero e celebrarase o luns 22 de outubro ás 20.00h na Facultade de Comunicación da USC

Este debate conta con relatores internacionais, polo que a organización ofrecerá tradución simultánea para quen a necesite, tanto ao público da sala como no streaming

Regueifas de Ciencia, é unha serie de debates en formato Oxford arredor de temas científicos controvertidos que se celebra por terceiro ano consecutivo.

A actividade está promovida pola Universidade de Santiago de Compostela e financiada pola FECYT (Fundación Española para la Ciencia y la Tecnología), pertencente ao Ministerio de Ciencia, Innovación e Universidades.

Este ano presenta como novidade o certame Regueifiñas, que busca promover esta forma de coñecemento e debate tamén nas aulas de secundaria, bacharelato e formación profesional.

Regueifas18_Cartaz_22_OUTUBRO_GL_V4.png

Na actualidade existe un gran debate sobre en que medida o xénero é unha construción social ou biolóxica.  Existe unha corrente que afirma que o xénero é unha construción puramente social e cultural que se atopa de fronte cós que consideran que hai unha compoñente biolóxica.

 A existencia de roles de xénero complica moito distinguir que similitudes e que diferenzas existen entre homes e mulleres de xeito natural. A interpretación social de ser home ou muller ten outorgado a cada persoa a súa función no mundo antes de nacer, por isto, hoxe fáisenos difícil discernir que hayi de biolóxico e que hai de cultural e aprendido no masculino e no feminino.  Dende a psicoloxía, moitos estudos se teñen centrado en investigar se esta distinción de roles se debe a diferentes aptitudes innatas ou polo contrario, se as desigualdades sociais son as que crearon estas diferenzas.

 Partindo desta problemática, a pregunta que centra o debate é “Teñen as diferenzas de xénero unha base biolóxica?”

 No equipo do si estarán:

  • Rosalind Arden, Investigadora da London School of Economics

  • Ferran Suay, Profesor de Psicobioloxía na Universtat de València

 

E no equipo do non:

  • Angela Saini, escritora e xornalista. Autora do libro “Inferior”

  • Pilar López Sancho, Profesora de Investigación do ICMM-CSIC e membro da Comisión Muller e Ciencia do CSIC

 

Os debates poden ser seguidos en directo, por streaming ou gravados

Os debates de Regueifas de Ciencia, que se celebran no Auditorio da Facultade de Comunicación da Universidade de Santiago de Compostela, poden ser seguidos en directo dende a sala (entrada libre ata completar aforo), por streaming en www.regueifas.org ou poden ser vistos despois a través da canle de YouTube. “Tratamos de facilitar que calquera persoa interesada poida ver os debates. Incluso poden preguntar aos relatores dende a casa e ser respondidos”, comentan dende o equipo organizador.

 Ao longo das dúas edicións anteriores tratáronse temas como a experimentación animal, a modificación xenética, industria alimentaria, seguridade e privacidade dixital, preguntámonos se debería a ciencia axudarnos a vivir para sempre... e tamén sobre o clásico dilema da compatibilidade da ciencia e a fe. Para tratar estes temas, visitaron a sala de debate expertos dos diferentes campos, entre outros moitos JM Mulet, Antonio Martínez Ron, Paloma Llaneza, Julio Basulto, Marta Peirano,  Anna Veiga, Fernando Savater, Lluís Montoliú, Óscar Horta, Jorge Mira... e tamén caras moi coñecidas, como os polémicos Fernando Sánchez Dragó e Aubrey De Grey.

A terceira edición estreouse o mes pasado cun debate sobre a enerxía nuclear que foi todo un éxito de público.

 

Novidades da terceira edición

Nesta edición de 2018, ademais de manter o formato e de volver a organizar un dos debates con convidados internacionais (o do vindeiro 22 de outubro), Regueifas de Ciencia amplíase coa convocatoria de Regueifiñas, un certame de debate dirixido a centros de ensino secundario, bacharelato e ciclos medios de formación profesional.

 A organización de Regueifas de Ciencia, formada por profesores, investigadores e profesionais da comunicación científica, agarda neste 2018 continuar coa tendencia e aumentar os datos de público das citas anteriores. Nelas,  o aforo da sala foi completado, nas súas preto de 400 localidades, en varias ocasións e quedou a punto noutras tantas.  A este público hai que sumarlle a todas aquelas persoas que puideron gozar do debate sen necesidade de acudir á sala grazas ao streaming en directo ofrecido ou ás gravacións publicadas posteriormente.

 A actividade está promovida pola Universidade de Santiago de Compostela e financiada pola FECYT (Fundación Española para la Ciencia y la Tecnología), pertencente ao Ministerio de Ciencia, Innovación e Universidades, conta tamén coa colaboración de Leonor Parcero&Co