- Aubrey de Grey -
Leonor Parcero
O Dr. Aubrey de Gray é un xerontólogo biomédico afincado en Mountain View, California, Estados Unidos. É o Director Científico da SENS Research Foundation, unha organización biomédica sen ánimo de lucro de California que realiza e financia investigación de laboratorio orientada a combater o proceso de envellecemento. Tamén é vicepresidente New Technology Discovery at AgeX Therapeutics, unha empresa de biotecnoloxía que desenvolve novas terapias no campo da xerontología biomédica. Ademais, é Redactor Xefe de Rejuvenation Research, a revista de maior impacto do mundo revisada por pares, centrada na intervención no envellecemento.
Recibiu a súa licenciatura en Ciencias da Computación e doutorouse en Bioloxía na Universidade de Cambridge. Os seus intereses científicos inclúen a caracterización de todos os tipos de dano celular e molecular autoinflixidos que constitúen o envellecemento dos mamíferos e o deseño de intervencións para reparar e/ou evitar ese dano. O Dr. De Gray é membro da Gerontological Society of America e da American Aging Association e forma parte dos consellos editoriais e científicos de numerosas revistas e organizacións. É un orador moi solicitado que imparte unhas 40 ou 50 conferencias ao ano en eventos científicos, universidades, empresas en áreas que van desde farmacéuticos a seguros de vida e ao público xeral.