Bases
Regueifiñas 2023
III concurso de debate escolar
Premios ofrecidos por
resumo das bases de regueifiñas
Ao final deste resumo, podes atopar o documento das bases completo. Se tes intención de participar, por favor, consúltao.
Que é
É unha competición de debate escolar. Poderán participar estudantes de 4º da ESO e de 1º de bacharelato en equipos formados por dúas persoas.
A competición consta de dúas fases:
Competición inicial
Cada equipo candidato deberá escoller un tema conforme as bases e enviar un vídeo no que un membro do equipo defenda unha postura sobre o tema, o outro segundo vídeo onde o outro membro do equipo defenda unha posición antagónica ao seu compañeiro. A duración de cada un destes dous vídeos será entre 2 e 4 minutos O xurado visualizará todos os vídeos recibidos e escollerá aos dous mellores equipos de entre todos os participantes para competir na final.Debate final
Debate entre os dous equipos finalistas en Santiago de Compostela, retransmitido por streaming.
Premios:
Os dous equipos finalistas serán convidados a celebrar un debate final en Santiago de Compostela. Os dous equipos finalistas se considerarán gañadores de Regueifiñas e serán obsequiados con:
a camiseta oficial de Regueifas
Unha viaxe a Santiago para toda a clase
Unha visita guiada ao Patrimonio Histórico da Universidade de Santiago (toda a clase)
unha visita moi especial aos Centros Singulares (CIMUS, CIQUS e CiTIUS) (só equipo gañador)
un microscopio Foldscope para os gañadores/as e cada un dos seus compañeiros/as de aula
Un kit "Youtuber" que inclúe un micrófono de condensador USB, soporte de móbil e iluminación led
Prazos:
Existe un prazo de preinscrición, previo ao envío dos vídeos, que comezará o 1 de marzo de 2023 e rematará o 31 de marzo de 2023. Aceptaranse un máximo de 30 inscricións. No caso de recibir máis de 30 inscricións, estas aceptaranse baixo os seguintes criterios:
Unha candidatura por centro
Orde de inscrición
Esta preinscrición realizarase neste formulario https://forms.gle/eyg3a3k94eCDDW8P6
O prazo de recepción de vídeos estará aberto ata o venres 21 de abril de 2023 ás 18.00h. A final terá lugar nunha data debidamente anunciada e consensuada cos finalistas entre o 1 de maio e o 15 de xuño.